Curso de iniciación a fotografía para nenos/as e mozos/as

A Asociación Fotográfica O Potiños, en colaboración coa concellalía de Cultura do concello do Carballiño, organiza dous cursos de iniciación á fotografía para a mocidade, que se desenvolverán os días 20 e 27 de maio na Aula José Suárez de Partovia.

Concretamente, o sábado 20 de maio terá lugar o primeiro curso, que está dirixido a mozos e mozas de 10 a 13 anos. E o sábado 27 de maio terá lugar o segundo curso, que está dirixido a mozos e mozas de 14 a 17 anos. Ambos cursos desenvolveranse en horario de 10,00 a 13,00 h.

Para ambos cursos as prazas son limitadas, co obxectivo de facilitar a aprendizaxe da técnica fotográfica. Así, establécese un máximo de 15 prazas por cada curso. Non obstante, no caso de que se superen as inscricións, a asociación valora ampliar os cursos noutras datas.

Os cursos son totalmente gratuitos e para participar só hai que inscribirse na área municipal de Cultura do concello, e acudir cunha cámara fotográfica o día da realización do curso.

Esta iniciativa foi presentada esta mañá polo presidente da Asociación Fotográfica O Potiños, Manuel Blanco, e polo concelleiro de Cultura, Diego Fernández. Este agradeceu o labor que desenvolve a asociación ao longo do ano e destacou a importancia de ofrecer este tipo de cursos para que a mocidade se implique na aprendizaxe da fotografía e poida participar nas actividades da asociación. Ao respecto, Manuel Blanco adiantou que no caso de que esta experiencia resulte positiva, a asociación podería crear unha sección xuvenil.

Manuel Blanco agradeceu a colaboración do concello e sobre todo a do profesor José Emilio Gómez, que será quen imparta os cursos, e que incluso cedeu unha vivenda propiedade súa como sede social da Asociación Fotográfica O Potiños, a Aula José Suárez, en Partovia. Precisamente, estes cursos desenvolveranse nesta aula, polo que deberán ser os pais ou quen designen quenes leven e recollan aos rapaces.

Comenta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Uso de cookies

Nos obligan a molestarte con la obviedad de que este sitio usa cookies. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
A %d blogueros les gusta esto: