Maratón Fotográfico

BASES PARA O MARATÓN FOTOGRÁFICO DO CARBALLIÑO

Organizado pola Asociación Fotográfica O Potiños en colaboración co Concello do Carballiño e o Centro Comercial Aberto.

INSCRICIÓN
Poderán participar todas aquelas persoas maiores de 14 anos que formalicen a sua inscrición o día do maratón no local da A.F. O Potiños, sito na Rúa Rosalía de Castro nº1, entre as 12:00h e as 13:00h do sábado 18 de Maio. Tamén se poderá facer unha preinscrición online cubrindo o formulario disposto na páxina web: potinos.com Esta inscrición deberá formalizarse co pago da cota no horario anteriormente mencionado o día do maratón. Os/as participantes deberán abonar a cantidade de 5 euros en concepto de inscrición.

PREMIOS
Concederanse tres premios as series (1 serie serán 4 fotografías)
1ºpremio —- 500 € en efectivo que pagará o Concello do Carballiño.
2ºpremio —- 300 € en vales de compra que dará o CCA.
3ºpremio —- 100 € en vales de compra que dará o CCA.
Ós premios aplicaráselles a retención fiscal vixente.
O Xurado poderá establecer algún outro premio especial se así o estimase pertinente.
A idea é que as fotografías premiadas sexan incluídas no programa das Festa do Setembro .

TEMAS E CONTROIS
Os/as participantes deberán fotografiar catro temas que serán facilitados pola organización o día do maratón, no momento da inscrición e poderán elixir un deles ou varios.
As fotografías poderán ser tomadas tanto no exterior como no interior. Igualmente poderase facer uso do material técnico de calquer tipo, así como o retoque fotográfico. As fotografías presentadas deberán ter coherencia coas temáticas propostas, e ser realizadas na data do maratón.

ENTREGA DE FOTOS
Deberán entregar as fotos na sede de O Potiños, entre as 13:00h e as 14:00h do domingo 19 de Maio.
Deberán de entregar un CD ou Pen, no que incluirán as catro fotografias que representen o tema escollido.

Poderánse presentar opcions en tódolos temas.

Se algún participante non puidese facer a gravación en CD, a organización disporá dun ordenador con lector de tarxetas para realizar a descarga das fotografías no control de entregas. Non entanto, pregamos a tódolos participantes que entreguen as súas fotos en CD para facer mais sinxelo o proceso.
Os/as participantes deberán de entregar as suas fotografías en formato de arquivo JPEG, modo de cor RGB e a unha resolución suficiente para amplialas a 20x30cm como mínimo.
Cada participante deberá entregar xunto co CD un sobre baixo o mesmo lema, para que a identidade do participante sexa secreta.
No interior do sobre debe vir a identificación do participante: Título ou títulos das series (preferentemente en galego), nome e apelidos, dirección, teléfono e correo electrónico.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN
O Xurado pode avaliar as fotografías presentadas nas seguintes
consideracións:
.Coherencia coa temática proposta.
.Coherencia da serie fotográfica.
.Orixinalidade das fotográfias.
.Calidade técnica: nitidez, contraste, cor.
.Calidade artística: definición, tema, cadro.
MÉTODOS DE VOTACIÓN
Os traballos gañadores serán seleccionados de maneira anónima, atendendo a o indicado no apartado “criterios de avaliación” nestas
bases.

EXPOSICIÓN
Os premios entregaranse na inauguración da Exposición dos traballos o dia 25 de Maio no Multifuncional Manuel María do Carballiño as 19:00h.
O veredicto do xurado terá lugar o día da inauguración desta exposición é será inapelable.

XURADO
Estará composto polos seguintes membros:
Presidente —- O Concelleiro da Area de Cultura do Concello do Carballiño, ou persoa en quen delegue.
Vocais ———- Un mínimo de catro persoas, das cales unha será do CCA e as outras tres persoas serán relacionadas co mundo da fotografía, imaxen ou artes.
Secretario —– Un membro da A.F. O Potiños con voz e sen voto.

FORMULARIO DE INSCRICIÓN:

Comenta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Uso de cookies

Nos obligan a molestarte con la obviedad de que este sitio usa cookies. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies