Concurso Fotográfico O Carballiño 2021

BASES PARA O CONCURSO FOTOGRAFICO DE O CARBALLIÑO 2021

Tema: O Carballiño.

Plazo: Hasta o 26 de Setembro.

Organizado pola Asociación Fotográfica O Potiños en colabouración co Concello de O Carballiño e o Centro Comercial Aberto.

Poderan participar todas aquelas persoas maiores de 14 anos que

deberan de enviar  as suas fotos en formato de arquivo JPEG de modo de cor RGB e a unha resolución suficiente para amplialas a 20x 30 cm como mínimo.

PREMIOS

concederanse tres premios as series ( 4 fotos )

Primeiro premio —-   500 € en vales de compra CCA.

Segundo premio –300 € en vales de compra do CCA

Terceiro premio –  100 € en vales de compra do CCA.

O Xurado poderá establecer algún outro premio especial se así o estimase pertinente. A os premios aplicaráselles a retención fiscal vixente.

TEMAS .

As fotografías terán como tema  : O Comercio do Carballiño, As Xentes do Carballiño e O Paisaxe do Concello do Carballiño.

A serie será de 4 fotos de un tema solo, e poderase presentar a 1 , a 2 ou os 3 previstos .

As fotografías poderán ser tomadas tanto no exterior como no interior. Igualmente poderase facer uso do material técnico de calquer tipo, así como o retoque fotográfico . As fotografías presentadas deberán ter coherencia coas temáticas proposta.

ENTREGA DE FOTOS

Poderán entregar as fotos na oficina de Cultura do Concello de Carballiño, nun CD ou Pen , no que incluirán as catro fotos que representen un tema escollido . Poderánse presentar opcions en todolos temas .Asi mesmo poderanse enviar via mail a páxina Web de O Potiños (potinos.com no final de esta entrada)

O nome do traballo ira en galego..Como identificación : título, nome, direccion, tfno e mail.

Coas 10 millores series / de catro fotos /farase unha exposición no Arenteiro Fotográfico , e as 4 primeiras serie premiadas, editaranse en lonas para expoñer en muppies na rua principal , durante o mes de Outobro. . A data final para a entrega de fotos será o 19 de Setembro.

O veredicto do xurado terá lugar catro dias mais tarde é será inapelable.

CRITERIOS DE AVALIACION

O Xurado pode avaliar as fotografías presentadas nas seguintes consideracións :

.Coherencia coa tematíca proposta.

.Coherencia da serie fotográfica .

.Orixinalidade das fotografías.

.Calidade técnica : nitidez, contraste , cor.

.Calidade artística : definición, tema, cadro.

METODOS DE VOTACION.

Os traballos gañadores serán seleccionados de maneira anónima, atendendo a o indicado no apartado”criterios de avaliación” nestas bases.

XURADO .

Estará composto polos seguintes membros :

Presidente: O Concelleiro da Area de Cultura do Concello, ou persoa en quen delegue .

Vocais: Unha persona desiñada polo CCA.

Tres  persoas de recoñecido prestixio, relacionadas co mundo da fotografía, imaxe, artes .

Secretario…un membro da A.F. O Potiños con voz e sen voto .

DEREITOS DE PROPIEDADE.

Os participantes deben ser autores da cada unha das fotografías presentadas. Os gañadores e os mencionados cédenlle gratuitamente e de forma NON EXCLUSIVA a A.F. O Potiños os dereitos de difusión das imaxes premiadas. Se calquera das fotografías é utilizada cos obxetivos enunciados arriba, indicarase expresamente o nome do autor.

NORMAS DO CONCURSO.

A Organización non se fai responsable do deterioro ou extravío que poidesen sufrir os arquivos dixitais, así como calquer accidente personal dos participantes .

Coa inscrición os competidores autorizan o envío de información por correo electrónico sobre esta competición e promoción de ediciones posteriores.

O feito da presentación a esta edición do CONCURSO FOTOGRÁFICO DO CONCELLO DE O CARBALLIÑO implica a total aceptación destas normas .

Comenta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Uso de cookies

Nos obligan a molestarte con la obviedad de que este sitio usa cookies. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies