Concurso fotográfico 2022

BASES PARA O CONCURSO FOTOGRAFICO TEMA LIBRE

Organizado pola Asociación Fotográfica O Potiños en colaboración co Concello de O Carballiño e o Centro Comercial Aberto de O Carballiño

Poderan participar todas aquelas persoas maiores de 14 anos que deberan de enviar as suas fotos en formato de arquivo JPEG de modo de cor RGB e a unha resolución suficiente para amplialas a 40x 60 cm como mínimo. Maximo 3 fotos por persoa.

PREMIOS 

concederanse tres premios

Primeiro premio — 400 € donado polo Concello de O Carballiño

Segundo premio —- 200 € Centro Comercial Aberto, en vales de compra

Terceiro premio —– 100 € Centro Comercial Aberto, en vales de compra

O Xurado poderá establecer algún outro premio especial se así o estimase pertinente. A os premios aplicaráselles a retención fiscal vixente. Os premios non son acumulables .

TEMAS.

O tema das fotografías será libre, pero as fotos non poderan ter sido publicadas previamente, nin presentadas a outro concurso.

Poderase facer uso do material técnico de calquer tipo, así como o retoque fotográfico.

ENTREGA DE FOTOS 

As fotografías enviaranse via páxina Web de O Potiños ( potinos.com ) con data tope o 9 de Setembro.

Páxina de envío

O nome do traballo ira en galego. Como identificación: título,nome,direccion,tfno e mail.

Coas 20 seleccionadas finais, farase unha exposición no Arenteiro Fotográfico.

O veredicto do xurado terá lugar catro días mais tarde é será inapelable.

CRITERIOS DE AVALIACION:

O Xurado pode avaliar as fotografías presentadas nas seguintes consideracións:

.Calidade técnica : nitidez, contraste , cor.

.Calidade artística : definición, tema, cadro.

METODOS DE VOTACION.

Os traballos gañadores serán seleccionados de maneira anónima, atendendo a o indicado no apartado”criterios de avaliación” nestas bases.

XURADO:

Estará composto polos seguintes membros :

Presidente. O Concelleiro da Area de Cultura do Concello, ou persoa en quen delegue. Unha persona en nome do Centro Comercial Aberto e como Vocais, un mínimo de tres persoas de recoñecido prestixio, relacionadas co mundo da fotografía, imaxe, artes.

Secretario: un membro da A.F. O Potiños con voz e sen voto.

DEREITOS DE PROPIEDADE.

Os participantes deben ser autores da cada unha das fotografías presentadas. Os gañadores e os mencionados cédenlle gratuitamente e de forma NON EXCLUSIVA a A.F. O Potiños os dereitos de difusión das imaxes premiadas. Se calquera das fotografías é utilizada cos obxetivos enunciados arriba, indicarase expresamente o nome do autor.

NORMAS DO CONCURSO.

A Organización non se fai responsable do deterioro ou extravío que poidesen sufrir os arquivos dixitais, así como calquer accidente personal dos participantes.

Coa inscrición os competidores autorizan o envío de información por correo electrónico sobre esta competición e promoción de ediciones posteriores.

O feito da presentación a esta edición do CONCURSO FOTOGRÁFICO LIBRE 2022, implica a total aceptación destas normas.

8 Respuestas para “Concurso fotográfico 2022

Responder a Bego Amaré Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Uso de cookies

Nos obligan a molestarte con la obviedad de que este sitio usa cookies. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies