ARENTEIRO FOTOGRÁFICO 2023
Un ano mais, volve o ARENTEIRO FOTOGRÁFICO consolidándose como uns dos maiores eventos de fotografía da Comunidade, tratando de mellorar a sua proposta, como non podería ser de outra maneira, facendoa mais accesible, ofrecendo moitas actividades e abarcando outos tantos artistas.
A Mostra diste ano consiste en 17 exposicións, colectivas e individuais, ás que hai que sumar unha oferta de charlas, talleres, cursos e coloquios que ó longo de dous meses, converteran O Carballiño na capital fotográfica de Galicia.
Así e todo, tendo como bandeira a boa experiencia e a gran acollida do ano pasado, a maior parte das exposicións veranse as fins de semana no local situado na rúa Evaristo Vaamonde, 26 (antiguo tanatorio), cedido, amablemente polo seu propietario, JAIME PÉREZ.
As exposicións montaránse a partir do 1 de outubro. A inauguración oficial será o 7 de outubro ás 19:00 horas, na Casa da Cultura do Carballiño, con entrada libre. Nesta gala daranse a coñecer todas as exposicións e entregaranse os premios do Concurso Fotográfico AF 2023. Acto seguido farase unha mesa redonda, na que intervirán poñentes do mundo da Fotografía.
Seguindo coas actividades programadas, o sábado, día 4 de novembro, terá lugar un taller impartido pola fotógrafa galega, ARIADNA SILVA FERNÁNDEZ.
Finalmente, estamos moi agradecidos/as a todo/as e cada ún do/as fotógrafo/as que participarán connosco no Arenteiro Fotográfico 2023, xa que coas sua devandita colaboración, contribúen a darlle un salto máis de calidade ó noso evento, mentres tamén o fan crecer e perdurar no tempo.
AF. “O POTIÑOS”.