PRÓXIMOS EVENTOS AF “O POTIÑOS”

“O Potiños organiza este mes unha nova edición de Pon unha Foto na Rúa e convoca un concurso fotográfico xuvenil

O presidente de O Potiños, Manuel Blanco, xunto a Felipe Gallego, membro da Asociación, e cos concelleiros de Cultura e Educación, Diego Fernández e Silvia Baranda, presentou estas actividades hoxe no Concello.

Pon unha Foto na Rúa volve ao Carballiño o día 26 de Maio, nunha xornada na que os fotógrafos de O Potiños estarán na Praza Maior dende as 10 da mañá e ata as 14,30 horas para fotografiar a todos os que queiran participar. Manuel Blanco explicou hoxe que prevén realizar unhas 300 fotografías esa xornada, das cales 100 serán seleccionadas para formar parte dunha exposición, e cada persoa que participe terá unha copia da súa fotografía. Ademais nesa xornada exporánse fotos de calquera persoa que queira achegar os seus traballos, e como novidade haberá unha demostración do funcionamento dunha máquina fotográfica minutera.

Ademais desta actividade, O Potiños ven de convocar, coa colaboración do Concello e o CCA, un concurso fotográfico xuvenil. Está dirixido a rapaces maiores de 14 anos dos centros educativos do Carballiño, e a temática será libre.

As fotografías enviaranse vía mail á web de O Potiños (potinos.com) ata o 10 de Agosto, e coas 20 mellores fotografías realizarase unha exposición. Ademais concederánse cinco premios principais en forma de vales de compra do CCA. “

Comenta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Uso de cookies

Nos obligan a molestarte con la obviedad de que este sitio usa cookies. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies