ARENTEIRO FOTOGRÁFICO 2022

O ARENTEIRO FOTOGRÁFICO 2022 sae a luz, un ano mais, como un homenaxe a loita por buscar a normalidade. O Potiños segue a celebrar os seus eventos e tratar de mellorar cada ano a súa proposta.

A mostra consiste en ONCE EXPOSICIÓNS colectivas e individuais, complementadas con charlas, cursos e coloquios, que o longo de dous meses, outubro e novembro, convertera O Carballiño, unha vez mais, na capital fotográfica de Galicia.

Os sábado día 8 de Outubro na Casa da Cultura de O Carballiño terá lugar a master class, impartida por VARI CARAMÉS. Fotógrafo coruñés, autodidacta, o que lle interesa que o cotián e o ordinario sexa extraordinario, busca evocar, suxerir e facer soñar o espectador.

A INAUGURACIÓN será o día 9 de Outubro as 12:00h do mediodía, na Casa da Cultura de O Carballiño, con entrada libre (as exposicións estarán montadas dende primeiros de outubro). Alí daremos a coñecer tódalas exposicións, así como a entrega de premios do Concurso Fotográfico 2022 “Tema Libre”, e logo faremos homenaxe a un fotógrafo galego. Este ano, como non podería ser doutra forma, escollemos a Vari Caramés, pola súa ampla traxectoria, con exposicións premiadas por todo o longo do noso país. A entrega do premio será a cargo do seu amigo carballiñés, o artista recoñecido, Xesús Carballido. Seguidamente, Vari Caramés disertará sobre a súa obra.

Como gran novidade, este ano, a maioría das exposicións poderán verse nun local céntrico de O Carballiño, local que os seus propietarios, a familia Varela, cederon amablemente para a celebración do Arenteiro Fotográfico, sito na Rúa Principal nº 6 (antigo Hobby Sport) que estará aberto as fins de semana e que englobará a maioría das exposicións.

Estamos moi agradecidos a tod@s é cada un d@s fotográf@s que participan connosco no ARENTEIRO FOTOGRAFICO 2022, e que coa súa colaboración contribúen a darlle ese salto tan importante de calidade o noso evento.

Comenta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Uso de cookies

Nos obligan a molestarte con la obviedad de que este sitio usa cookies. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies